O Concello de Muros consolida o servizo gratuíto de Madrugadores, que comeza o curso con 62 nenos e nenas

03 Setembro 2026

O Concello de Muros consolida o seu Servizo Municipal de Madrugadores nos centros educativos no curso escolar 2026/27. Neste comezo da actividade escolar, hai inscritos 18 nenos e nenas no CEIP Plurilingüe de Louro (12 familias); 32 nenos/as no CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío (27 familias), e 12 nenos e nenas no CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (10 familias). En total, 49 familias e 62 nenos e nenas.

O Concello de Muros asumiu por completo a xestión do servizo no verán de 2024, dando resposta ás necesidades das familias e da comunidade educativa. Antes, no curso 2023/24, colaborou coas ANPA durante uns meses para manter un servizo que utilizaban 20 nenos e nenas.

“É unha satisfacción ver que esta medida para impulsar a conciliación se consolida”, sinalou María Lago, alcaldesa de Muros, engadindo que “se trata dunha prioridade para nós, un servizo municipal e financiado ao 100% polo concello que permite fixar poboación en Muros”.

“Desde o concello consensuamos de forma continua coas familias usuarias e os centros melloras no servizo para que facilite de forma efectiva a conciliación e ninguén quede fora”, apuntou Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino de Muros, sinalando que “a consolidación deste servizo demostra a súa utilidade e a resposta que ofrece ás necesidades reais das familias de Muros”.

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez, lembrou que “a conciliación é un elemento fundamental para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria, facilitando que as responsabilidades de coidado poidan compatibilizarse coa vida laboral e persoal”.

“Coidar da veciñanza de Muros con medidas que realmente melloran a súa vida diaria, como este servizo de Madrugadores, é o piar da nosa acción de goberno”, rematou María Lago.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.