A Aula CeMIT do Concello de Boiro amplía a oferta formativa para o mes de setembro

01 Setembro 2026

A Aula CeMIT do Concello de Boiro vai rematar a tempada estival e enfilar o novo curso ofrecendo novos cursos formativos en novas tecnoloxías para o mes de setembro. As inscricións para participar deben facerse mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou os teléfonos 981 84 26 35 e 629 769 139.

Neste mes vaise desenvolver formación en Inicio á informática, que será do 14 ao 18 de setembro de 10.00 a 12.00 horas; Inicio á rede Internet, que será do 21 ao 24 de setembro de 10.00 a 12.00 horas; e inicio ao correo electrónico, do 28 ao 30 de setembro de 10.00 a 12.00 horas.

Ademais neste mes de setembro vaise desenvolver na Aula CeMIT do Concello de Boiro probas libres presencias para a obtención do COMDIX intermedio. As inscricións poden facerse entre o 2 e o 11 de setembro na web da Rede CeMIT.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro está situada no Centro Social de Boiro e é aula de referencia dende os seus inicios no ano 2010 pola formación en novas tecnoloxías que presta ao longo do ano.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.