O Concello de Ribeira acollerá este mércores, 2 de setembro, ás 20:00 horas, unha concentración cidadá baixo o lema «Ribeira con Ceuta» fronte á Praza do Concello.
A iniciativa enmárcase no chamamento conxunto impulsado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que promove a celebración de actos simultáneos en todos os concellos do Estado como mostra de solidariedade, apoio e unidade institucional coa cidade autónoma de Ceuta.
Dende o goberno local convídase a toda a veciñanza, entidades e representantes sociais a sumarse a este acto público na praza municipal.





