Ramón Iglesias “O Xixí” recibirá a Medalla de Ouro do Concello de Rianxo no marco das Festas da Guadalupe

28 Agosto 2026
Ramón Iglesias nas Festas da Guadalupe nunha foto de arquivo de Loqueyotedigo.net

Nos vindeiros días, no marco das Festas da Guadalupe 2026, a Corporación de Rianxo celebrará un pleno extraordinario para conceder a Ramón Iglesias Sánchez (Rianxo, 1938), Moncho “O Xixí”, a Medalla de Ouro de Rianxo.

Trátase dun distintivo honorífico recollido no regulamento de honras e distincións do Consistorio aprobado no 1995 e que se concederá por vez primeira este ano para recoñecer “a traxectoria dunha persoa sen igual e que dedicou parte da súa vida a traballar, de maneira desinteresada, por Rianxo”, segundo se informa na proposta da Corporación, na que se engade que “dende a humildade e dende diferentes entidades, Moncho traballou por algo que cada día merece menos atención, o ben común e o fortalecemento dos lazos que fan comunidade”.

O homenaxeado foi presidente do C.D. Unión e do Liceo Marítimo, entre outras ocupacións, mais a súa vida está ligada á organización das Festas da Guadalupe. De feito, estivo ao cargo da comisión durante catro décadas.

Para o Concello e a Corporación “a dimensión que hoxe teñen as festas, declaradas de Interese Turístico de Galicia, é o resultado de moitos anos de traballo que nos deixaron, ademais, momentos tan icónicos e recoñecidos en todo o país como o é a cantata do último día”.

A súa figura é tan popular e tan querida en Rianxo, que xa forma parte da cultura viva do lugar e se reflicte en frases tradicionais do pobo como “que bote ou Xixí!” durante os festexos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.