O alcalde de Rois reclama máis presenza policial tras o roubo dun quilómetro de cableado do alumeado público dende a AC-301 ata Seira

27 Agosto 2026
O concelleiro Manuel Cobas e un operario municipal acompañaron ao alcalde na visita

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, vén de reclamar maior presenza policial no municipio para evitar roubos como o que se detectou esta noite na parroquia de Seira. Segundo confirmou os ladróns levaron todo o cableado de cobre do alumeado público que ilumina a senda peonil que vai dende a AC-301 ata Seira. “Levantaron as arquetas, porque a instalación estaba soterrada, e roubaron todo”, asegura o rexedor.

Ramón Tojo e o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Cobas, visitaron a zona acompañados por operarios municipais para comprobar os danos producidos antes de presentar denuncia no cuartel da Garda Civil de Padrón.

“A veciñanza séntese indefensa. Pedímoslle á Delegación do Goberno que incremente a vixilancia policial no rural para evitar situacións coma esta”, asegura o alcalde de Rois.

O roubo afecta a un tramo de aproximadamente un quilómetro de lonxitude na senda peonil que une a rotonda na AC-301 coa aldea de Seira, que se executou hai dous anos. As canalizacións para o alumeado público nesta zona estaban soterradas. Na madrugada do 27 de agosto persoas descoñecidas levantaron as arquetas que están na senda e roubaron todo o cable de cobre.

“Máis alá o prexuízo económico para o Concello, que estamos a cuantificar, o principal problema é a sensación de inseguridade que ten a veciñanza”, asegura Ramón Tojo, que lle pide á Delegación do Goberno en Galicia que incremente a vixilancia policial nun municipio rural como o de Rois.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.