Alerta amarela en Galicia por treboadas e choivas intensas ante a chegada dunha nova borrasca.

23 Agosto 2026

Meteogalicia e a Aemet activan avisos no litoral atlántico, no sur e nas zonas de montaña por treboadas con posibilidade de sarabia e fortes acumulacións.

Máis dun cento de concellos están en aviso amarelo: as Rías Baixas, a zona do Miño en Pontevedra e as zonas oeste, suroeste e noroeste da Coruña

A entrada dun centro de baixas presións procedente do Atlántico pon en garda a gran parte de Galicia durante as xornadas deste domingo e o luns. Os servizos meteorolóxicos activaron a alerta amarela por treboadas e precipitacións intensas, un episodio de inestabilidade que afectará con especial incidencia á franxa costeira das provincias da Coruña e Pontevedra, así como a puntos do interior ourensán.

Despois dos do domingo axencia autonómica activa novos avisos para o luns —entre as 12:00 e as 21:00 horas— no Miño de Pontevedra e no sur de Ourense por rexistros que poden acadar os 15 litros por metro cadrado nunha soa hora.

Pola súa banda, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ampliou a área de vixilancia ao noroeste da Coruña, á comarca de Valdeorras e ao sur e zonas de montaña de Ourense. Nestes puntos advírtese do risco de treboadas acompañadas de sarabia, cunha xanela temporal vixente entre as 18:00 horas do domingo e o mediodía do luns.

Evolución da fronte nos vindeiros días:

  • Domingo de transición: A borrasca situada ao oeste de Portugal comezou a deixar precipitacións polo suroeste galego, acompañadas dunha caída térmica na metade oeste e actividade eléctrica cara á noite.
  • Luns de forte inestabilidade: O embolsamento de aire situarase moi preto da comunidade, estendendo os chuvascos de sur a norte, con intensidade puntualmente forte no sur e oeste.
  • Previsión para a semana: Meteogalicia sinala unha alta probabilidade de precipitacións continuadas no tramo final de agosto, xa que a borrasca tenderá a colocarse ao noroeste a partir do mércores.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.