“Tempo de cambios”. Xulio Xiz

18 Agosto 2026

Falando a un grupo de non galegos da Galicia rural dos sesenta, cando mencionei as zocas, unha das rapazas preguntou qué eran. Expliquei que daquela no rural os zapatos eran para as festas, as zocas eran o calzado dos meus avós na aldea, e para ir a feiras ou festas o calzado que se levaba para o camiño cambiábase antes de chegar ao destino para estar   presentables.
Cambiando, fixemos verdade o que Alfonso Guerra vaticinou  – a España non a vai recoñecer nin a nai que a paríu –; nós non somos os que eramos, e o ao noso arredor todo é diferente. O cambiante rural baleirouse de xente e encheuse de técnica. Agardo que algunha vez volva a poboarse, porque hai  posibilidades.
Veño de ter un exemplo en Ambosores, onde pasei os veráns ata que vin vivir a Lugo. Vivir alí daquela supoñía ter que camiñar tres ou catro horas para chegar a unha estrada pola que pasara un coche. E se tiñas un problema de saúde, tiñas un problema.
Hai un mes, un home que vive só no Outeiro, desa parroquia ourolense, tivo un forte dor no peito. Chamou ao 061, e desde a súa base de Ourense chegou un helicóptero para recollelo, que aterrou no lugar da Carcallosa, a medio quilómetro de distancia. Unha ambulancia medicalizada acudeu ao Outeiro para levalo ata o helicóptero, que o trasladou ao Hula.
Nin o mellor escritor de cencia-ficción soñaría algo así hai sesenta anos, cando chegou á parroquia o primeiro tractor pola congostra, quizais do tempo dos romanos, que tiña fondas rodeiras dos carros que a percorreran tan cargados que as treitoiras trenzaban sinfonías imposibles de transcribir ao papel.
Vivimos tempos de cambios. Algúns, afortunadamente para ben.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.