O Concello de Ribeira habilita na Pedra da Ra e no Faro de Corrubedo dous puntos de observación con servizo de explicación guiada para o eclipse solar

03 Agosto 2026

O eclipse solar do 12 de agosto poderase observar dende a Pedra da Ra e o Faro de Corrubedo como os dous puntos de observación elixidos polo Concello de Ribeira, onde se habilitará servizo de explicación guiada.

“Agosto é un mes que se caracteriza por eventos astronómicos espectaculares como sucede coas Perseidas pero, neste ano, aínda é máis especial co eclipse solar do 12 de agosto. Nese día estaremos mirando ao ceo para asistir a un dos fenómenos máis espectaculares que pode observarse dende a Terra. E, para facelo con garantías de seguridade e aprender máis sobre este suceso, o Concello dispón
dun servizo de explicación guiada en dous enclaves de enorme valor paisaxístico no noso municipio”, en palabras da concelleira de Turismo, Ana Barreiro, na compaña da técnica municipal desta área, Sandra Fernández.

Un guía especializado realizará as explicacións pertinentes sobre as características do eclipse solar, como observalo correctamente, que fases poderán apreciarse e as medidas de seguridade necesarias para a súa observación mediante o uso de lentes homologadas, que se entregarán durante o desenvolvemento da actividade.

Así mesmo, abordaranse conceptos básicos de mecánica celeste (movemento da Terra e a Lúa) ata outros elementos de interese como as Perseidas (bágoas de Santo Lorenzo), o ecuador celeste, a eclíptica, os satélites e outros obxectos visibles no ceo.

O horario será o seguinte: ás 19.00 horas, na Pedra da Ra, e, ás 19.30 horas, no faro de Corrubedo.

A capacidade estimada de cada punto é de 50/60 persoas, polo que se prevé unha asistencia máxima aproximada de 120 participantes entre os dous lugares, polo que se require reserva previa de praza. Poderanse realizar as inscricións na oficina de Turismo con teléfono de contacto 981 873 007

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.