Xullo remata en Galicia nunha xornada a do 31, San Ignacio de Loyola, intermedia entre as altas e as baixas presións, cos restos dunha fronte pouco activa e moi desfeita rozando o Cantábrico. Deste xeito, teremos néboas e nubes baixas na primeira metade do día en practicamente toda a Comunidade, con chuvascos máis probables no terzo norte do territorio. Pola tarde os ceos máis abertos na metade sur. As temperaturas mínimas non terán cambios e os valores máximos en lixeiro a moderado descenso na parte oriental de Galicia. O vento soprará do norte-nordés frouxo no interior, moderado no litoral.
Nas Rias Baixas teremos abertura de claros máis ampla pola tarde, especialmente no litoral sur. Mínimas sobre os 17 °C e máximas alcanzando os 26 °C – 29 °C no interior das rías.
En Santiago e comarca esperanse alternancia de nubes e claros. Posibilidade de néboas matinais e algunha bruma tímida nas primeiras horas.Mínimas arredor dos 16 °C – 18 °C e máximas no contorno dos 25 °C – 28 °C

O noso mar; Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.



