O Obradoiro prepárase para a fascinación: a luz e a fantasía abren unha nova era nas Festas do Apóstolo

24 Xullo 2026

A fachada do Pazo de Raxoi converterase este venres nun enorme lenzo audiovisual con nove pases de videomapping tras uns fogos sincronizados desde tres puntos da capital.

A Praza do Obradoiro ultima os preparativos para vivir un deses momentos destinados a quedar gravados na retina colectiva da cidade. Con puntualidade case ritual, as Festas do Apóstolo 2026 encaran o seu gran momento culminante cunha aposta que mestura o peso da tradición coa vangarda tecnolóxica máis espectácular: o estreo dun videomapping de gran formato que transformará radicalmente a fachada do Pazo de Raxoi.

A cita ten todos os ingredientes dunha noite meiga contemporánea. Tras a treboada de cor dos tradicionais fogos artificiais, a pedra do pazo do século XVIII cobrará vida a partir da medianoite. En nove pases consecutivos ata as dúas da mañá, o gran público asistirá a un despregamento inmersivo de nove minutos onde a arquitectura do edificio parecerá erguerse, colapsar e mudarse nun gran xoguete dinámico. Muros que se derruban, mecanismos ocultos que botan a andar e a irrupción dunha natureza exuberante fundirase con elementos da tradición galega dende unha ollada vangardista, nun compás perfecto coa música que culminará cun gran espectáculo pirotécnico virtual sobre o propio inmoble.

Esta aposta artística, deseñada por Qatro Gatos e proxectada por Art Music, supuxo un investimento próximo aos 100.000 euros financiados a través do imposto sobre as estancias turísticas. Para quen non poida achegarse nesta primeira xornada, a gran novidade desta edición repetirá a súa maxia as noites do sábado 25 e do domingo 26 de xullo, nun horario de 23:00 a 01:00 horas. A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, fixo un chamamento á cidadanía e visitantes para gozar da proposta respectando os fluxos de acceso e as medidas de seguridade nunha praza que se agarda multitudinaria.

Un ceo iluminado desde tres puntos

A experiencia audiovisual no Obradoiro será o broche de ouro a unha noite que arrincará co ceo de Compostela acendido. Ás 23:30 horas chegará outro dos momentos máis agardados: os fogos artificiais do Apóstolo. Tralo éxito da fórmula estreada o pasado ano, a pirotecnia volverá lanzarse de xeito sincronizado desde tres localizacións estratéxicas da capital: a Alameda, a escalinata de Fontiñas no parque Carlomagno e a Cidade da Cultura. Este sistema descentralizado garantirá que miles de compostelanos e visitantes poidan seguir a eclosión de cor e efectos visuais desde case calquera punto da xeografía urbana.

Do son do gaiteiro á forza de Lila Downs

Malia que a noite concentrará as olladas, a atmosfera festiva xa se deixará sentir desde ben cedo na capital galega. A xornada deste venres dará o seu primeiro compás ás 10:00 horas coa alborada da A.C. Pana Raiada, que percorrerá o itinerario entre Pontepedriña e San Fiz de Solovio. Ao mediodía, a tradición máis familiar tomará o centro histórico co encontro de xigantes e cabezudos, que poñerán a nota de cor na Praza da Quintana ás 12:00 horas e na do Toural a partir das 12:30.

O preámbulo musical á noite de luces terá un protagonismo decididamente feminino e internacional. A partir das 21:00 horas, o escenario da Quintana converterase no epicentro sonoro da cidade coas actuacións da recoñecida artista mexicana Lila Downs e da galega Belém Tajes, dous referentes que poñerán a banda sonora previa a unha noite onde Santiago volverá xogar a ser o centro do mundo.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...