A alcaldesa de Ribeira celebra a saída do “Awadi” e defende a xestión municipal para desatascar o porto

22 Xullo 2026

O barco Awadi xa abandonou as augas de Ribeira, tras dez meses atracado no peirao local a consecuencia do incendio sufrido o pasado mes de setembro, a embarcación foi remolcada con éxito durante a mañá deste mércores 22 cara á ría de Vigo, concretamente rumbo á zona de Moaña.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, amosou a súa satisfacción pola resolución desta situación e quixo saír ao paso das críticas da oposición, rexeitando que houbese pasividade por parte das administracións. A rexedora subliñou que “aínda que o Concello non ten competencias directas en materia portuaria, a Administración local involucrouse desde o primeiro momento para buscar unha solución”.

“Alegrámonos de que por fin o Awadi fose remolcado. Creo que é inxusto dicir que isto ten que ver coa pasividade de Portos de Galicia ou do Concello, cando aquí se estivo facendo un traballo de xestión directo a pesar de non ter competencias nesta materia”, declarou a alcaldesa.

Explicou que a retirada do barco era unha responsabilidade da propia empresa armadora, a cal tiña que tramitar os permisos correspondentes para realizar o remolque coas máximas garantías de seguridade. Neste proceso, a rexedora destacou o papel de mediación do Concello e o traballo conxunto coa Capitanía Marítima de Vilagarcía, mencionando a colaboración tanto do anterior capitán marítimo, Juan Andrés, como do actual, Álvaro Vidal.

“Fixemos un gran equipo e fomos capaces, xestión tras xestión e axuda tras axuda, de formalizar hoxe esta saída sen poñer en risco a bocana da ría nin a dársena do noso peirao”, afirmou, destacando tamén a boa disposición da casa armadora desde o primeiro momento.

Resposta ás críticas e retirada do camión calcinado

A alcaldesa aproveitou a ocasión para responder a quen criticou a presenza do buque durante estes meses, sinalando que “os que sigan criticando demostraron que durante os seus meses de goberno non botaron ningunha soa man para axudar a que o barco saíse de aí”.

Así mesmo a rexedora dixo que “a intervención do Concello permitíu resolver paralelamente outro problema na contorna portuario: o levantamento xudicial e posterior retirada do camión que fora calcinado na zona”.

“Como máis interesados en que o peirao estea nas mellores condicións, nos puxemos a disposición de todas as partes. Hai que falar facendo, e o traballo vésese na xestión e non nas palabras ou mensaxes negativas”, concluíu a rexedora ribeirense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.