Mércores 22, tempo estable en Santiago e as Rías Baixas, con brétemas costeiras no litoral

21 Xullo 2026

As Rías Baixas e Santiago de Compostela continuarán este mércores 22, Santa María Magdalena, baixo o dominio da estabilidade atmosférica, garantindo unha xornada de sol aínda que con algúns matices na liña da costa.

Agárdase unha xornada de ceos con poucas nubes en xeral. Aínda que poderán verse algunhas nubes de tipo alto a o longo do día, estes serán o suficientemente finos como para non impedir o paso do sol, polo que o ambiente luminoso e agradable será a nota dominante tanto na capital galega como nas rías.

Brétemas costeiras no litoral atlántico

A principal singularidade da xornada atoparase na franxa costeira das Rías Baixas. Durante as primeiras horas da mañá pódense formar as típicas brétemas marítimas, que reducirán a visibilidade na liña de praia. Estas néboas iranse retirando cara ao mar nas horas centrais do día a medida que quente o sol, permitindo desfrutar dunha tarde máis despexada, aínda que é probable que volvan entrar cara á noite.

Temperaturas e vento

  • Temperaturas: Non se agardan cambios significativos nos termómetros da zona. As temperaturas máximas manteranse en valores suaves e veráns, moi similares aos das últimas xornadas (con ascensos máis perceptibles cara ao leste da comunidade). 27 a 29 graos).
  • Ventos: Na área das Rías Baixas e Compostela, os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, favorecendo esa entrada de humidade do mar pero sen xerar sensación de desacougo.
meteogalicia

O noso mar; Vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...