A XII Carreira pola Diversidade de Ambar reúne en Ribeira a 415 participantes e recada 9.500 euros
12 Xullo 2026
A explanada de Coroso acolleu unha xornada inclusiva marcada polo éxito da nova proba lúdica e o forte apoio social ao proxecto de vivendas inclusivas da entidade.
A solidariedade, o deporte e a inclusión volveron darse a man este domingo, 12 de xullo, na celebración da doceava edición da Carreira pola Diversidade, a emblemática cita solidaria organizada pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. O evento saldouse cun gran éxito social ao acadar os 415 inscritos en total e lograr unha recadación de arredor de 9.500 euros.
Estes fondos destinaranse integramente ao proxecto da entidade ‘Ecosistema de vivendas inclusivas e servizo de apoio á comunidade’, que busca mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.
Unha proba lúdica chea de sorpresas e cor
A gran novidade desta anualidade foi a introdución dunha Proba Lúdica de 2,5 quilómetros sen a presión do cronómetro. Deseñada como unha andaina para gozar en familia, de xeito accesible ou coas mascotas, logrou atraer a 243 persoas. Ao longo do traxecto, os participantes desfrutaron de divertidas estacións con baños de escuma, rodillos secantes, chorros de auga e sopradores de aire, culminando cun photocall interactivo con recordo impreso.
Ademais, ao remate, todos os menores de 16 anos recibiron medallas e unha cometa doada pola empresa Dismac. O vento de última hora da xornada permitiu que as cometas alzasen o voo, enchendo de cor o ceo de Coroso.
Pola súa banda, a carreira absoluta contou con 172 corredores e contemplou categorías plenamente inclusivas como cadeira de atletismo, handbike e zapatilla inclusiva. A xornada pechouse cun pincho solidario no Bar El Paseo, amenizado pola música do grupo The Cuncas.
Respaldo institucional e empresarial
A entrega de premios contou cunha ampla representación social. Por parte do Concello de Ribeira asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal —quen felicitou a Ambar pola organización e o seu labor de sensibilización—, e o concelleiro de Auga e Saneamento, Vicente Reiríz.
En representación de Ambar estiveron a súa presidenta, Milagros Rey, a secretaria Alicia Romero, e os directivos Juan Carlos Rial e José Manuel de la Iglesia. Tampoco faltaron representantes de firmas colaboradoras como Isabel Cañas (Congalsa), Manuel López (Motor Boiro), Lucía Outeiral (Autos Outeiral) e o avogado Pablo Ferreirós.
“A Carreira pola Diversidade é moito máis ca un evento deportivo: é unha demostración do compromiso da sociedade coa inclusión. Cada inscrición axúdanos a seguir construíndo oportunidades”, destacou Milagros Rey, agradecendo o apoio unánime de participantes, voluntarios e patrocinadores.
Cadro de Honra da XII Carreira pola Diversidade
A continuación detállanse os principais podios das categorías competitivas e inclusivas:
A xornada rematou cun pincho solidario no Bar El Paseo, que foi amenizado polo grupo musical The Cuncas.
Galicia quedará este martes, 24 de novembro de 2026, baixo a influencia das baixas presións, coa chegada dunha fronte activa durante a madrugada que marcará un novo episodio de inestabilidade tanto na comarca de Santiago de Compostela coma nas Rías Baixas. Nas...
O novo Plan de Seguridade Viaria duplica o orzamento do período anterior e desprega 52 accións en cinco eixes para reducir á metade os falecidos e feridos graves. Entre as medidas destacan a ampliación de valados perimetrais contra a fauna, a protección de usuarios...
En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...
A actividade desenvolverase os días 30 de novembro e 2, 3, 14 e 16 de decembro na Confraría da Pobra do Caramiñal. Está dirixida a maiores de 14 anos e conta con 12 prazas. O Concello da Pobra do Caramiñal presentou un obradoiro de cabezudos que se desenvolverá...
La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...
Nunca antes habíamos tenido tantas posibilidades de aprender y, sin embargo, parece que hemos empezado a perder el interés por hacerlo. La cultura, la lectura y el conocimiento, que durante generaciones fueron considerados instrumentos de progreso y promoción...