A Consellería de Cultura di que o libro en galego “presenta os seus mellores datos históricos en materia de oferta e consumo”

02 Xullo 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, fixo balance do estado de saúde do sector do libro en galego, un ámbito de actividade que, segundo dixo, presenta “os mellores datos históricos de oferta e de consumo cultural”. Tamén destacou o “constante apoio” que recibe da Xunta, “tal e como demostran os 3 M€ de investimento para este mesmo ano”, sinalou. Fíxoo na intervención de clausura do Encontro da Edición 2026, que se celebrou no Consello da Cultura Galega, e no que estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Neste acto, o representante do Goberno galego apuntou como “positivos” os últimos datos da edición en Galicia, “que revelan a publicación de 3.000 libros, dos cales un 60 % foron editados en galego, á vez que unha facturación de 27,6 millóns de euros, dos que 14 millóns corresponden a libros no noso idioma”. O conselleiro atribuíu a actual situación ao “esforzo” do sector e “ao compromiso” coa nosa lingua”, ao tempo que valorou a contribución que supón o “incondicional apoio” da Xunta.

Amais, referiuse a partidas específicas da Consellería de Cultura, “que suman 3 M€”, entre as que citou “os 250.000 euros para edición de libros que lles permitirá a medio cento de editoras sacar adiante uns 300 títulos” ou os 200.000 euros dedicados á tradución, “co que se apoia a máis de 20 editoras para publicar case un cento de títulos”. Así mesmo nesta estratexia do Goberno galego, López Campos apuntou os 150.000 euros para a produción de audiolibros e libros de lectura fácil ou os 550.000 euros destinados a mellorar as coleccións das bibliotecas públicas e as novidades editoriais en lingua galega de preto de 200 concellos.

Ademais, tamén sumou a este pulo da Xunta ao sector do libro o incentivo á creación literaria en Galicia “con máis de 4,2 millóns durante o período 2022-2025, o que supuxo un incremento do 31 % nos últimos anos”. Do mesmo xeito, engadiu “a colaboración consolidada no tempo” coa Federación de Librarías de Galicia para a posta en marcha entre a primavera e verán do circuíto das Feiras do Libro, ”con éxito de público cuns 300.000 visitantes por ano e cunha facturación que vai en aumento”, precisou.

A maiores, López Campos puxo en valor a folla de ruta do Plan de Dinamización da Lectura de Galicia, destacando que conta con 60 M€ para desenvolver 115 medidas ata 2029, entre as que avanzou como máis inmediatas a creación do Observatorio da Lectura ou a celebración do primeiro encontro de Clubs de Lectura de toda a Comunidade.

Para o conselleiro, estes investimentos da Xunta de Galicia contribúen a que o sector do libro en Galicia viva hoxe “un gran momento cos índices de lectura por riba da media española”. Precisamente, fixo referencia aos datos do último Informe de hábitos lectores, que reflicten que “o 96,5% da poboación maior de 14 anos le en calquera medio ou soporte, o que sitúa a Comunidade 1,4 puntos porcentuais por riba de España”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...