A Secretaría da Lingua e a Fundación Repsol convocan o XX Premio Narrativa Breve

30 Xuño 2026

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a xerente de Relacións Institucionais da Fundación Repsol, Mercedes Gómez, anunciaron a nova convocatoria do XIX Premio Narrativa Breve, que a Xunta de Galicia promove xunto con esta entidade desde hai vinte anos para impulsar a creación literaria en galego. Precisamente, co gallo da celebración das dúas décadas da súa creación a contía económica do galardón ascende en 3.000 euros ata acadar os 15.000 euros.

García enxalzou a “relevante contribución” deste certame para a promoción de novos escritores, ao tempo que puxo en valor a súa achega “á hora de fomentar a lectura na nosa lingua”. Salientou que se trata dun galardón “consolidado e de prestixio, que conta con lectores fieis pero que, debido ao interese que esperta sempre, consegue atraer outros novos á nosa creación literaria e en galego”.

Cifras positivas de lectura en calquera soporte

Co gallo da presentación da nova convocatoria, García fixo balance das máis recentes cifras positivas de lectura na nosa lingua. Así, destacou que en Galicia o número de persoas que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medrou “en case nove puntos ata acadar o 72 %, o que supón que falamos de sete de cada dez galegos”, celebrou. Neste senso, apuntou que, ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o “96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España”. Ademais, subliñou o dato de que o 70 % destas lecturas son de libros.

Prazo de envío ata o 31 de xullo

Nesta edición, a convocatoria para enviar as obras estará aberta ata o 31 de xullo e os autores deberán remitir textos orixinais e escritos en galego, tal e como establece a normativa da Real Academia Galega, cunha extensión non inferior a 120.000 caracteres, con espazos incluídos, nin superior a 270.000 caracteres, tamén contando os espazos.

Unha vez pechado o prazo, será un xurado o que decidirá a obra gañadora que se dará a coñecer no mes de setembro. Este tribunal estará composto por cinco membros, que representarán á Xunta de Galicia, á Fundación Repsol, á Real Academia Galega, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e á Editorial Galaxia.

O Goberno galego colabora co Premio de Narrativa Breve desde o seu nacemento, no ano 2006, cando foi creado polo Complexo Industrial de Repsol, período no que ten rexistrado a participación de case 600 obras orixinais de escritores e escritoras galegas. Na anterior edición, resultou gañadora, Carmen V. Valiña, coa obra Illa de Sangue.

Esta iniciativa que fomenta a difusión da cultura e a lingua galegas, conta co apoio da Real Academia Galega e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como a colaboración coa Editorial Galaxia, que sempre edita as obras que acadan o galardón. Toda a información da convocatoria pode consultarse no Portal de Lingua Galega.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...