A Libraría Social ULA de Outes organiza un roteiro polas herbas de San Xoán

23 Xuño 2026

A Libraría Social ULA de Outes organiza (coincidindo coas celebracións de San Xoán esta semana) un roteiro polas herbas de San Xoán, unha actividade encadrada no programa do Café-Conversa de Mulleres.

O roteiro permitirá coñecer diferentes espazos do patrimonio material e inmaterial de Outes dando fin a un curso cheo de aprendizaxes que continuará co inicio do novo curso, á volta do verán. A cita será este sábado 27 de xuño, a partir das 18.30 horas, con punto de encontro fixado na ponte do Ruso.

Recoméndase vir sen colonias nin perfumes para localizar e apreciar mellor o aroma natural das herbas.

As sete herbas máis tradicionais que compoñen o “cacho” ou ramo de San Xoán en Galicia son o fiúncho, o fento macho, a xesta (ou codeso), a malva, o romeu, a herba luísa e a propia herba de San Xoán (hipérico).

Esta tradición milenaria indica que estas plantas aromáticas deben recollerse ao solpor do 23 de xuño, deixarse nun recipiente con auga ao orballo da noite e usarse para lavar a cara á mañá seguinte co fin de purificar a pel, espantar os malos espíritos e atraer a boa sorte.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...