O Concello de Noia mellora o firme da rotonda de entrada á vila

22 Xuño 2026

O Concello de Noia informou de que xa están en execución as obras de mellora do firme na rotonda de entrada á vila, en palabras do Goberno local “unha actuación moi demandada debido ao estado que presentaba esta importante vía de acceso ao noso municipio”.

A mellora desta infraestrutura foi unha das solicitudes reiteradas que o Goberno municipal trasladou á Axencia Galega de Infraestruturas, polo que dende o Concello agradecen “a receptividade amosada para dar resposta a esta necesidade”.

Os traballos están a desenvolverse de maneira coordinada coa Policía Local de Noia para “minimizar as incidencias no tráfico e garantir a seguridade durante a execución das obras”.

Dende o Concello de Noia queren agradecer á Xunta de Galicia, á Delegación Territorial da Coruña e á Axencia Galega de Infraestruturas a atención prestada.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...