Bon III gaña a xeneral da Ramiro Carregal Rey e renova en Ribeira a permanencia do Gran Trofeo Faro de Corrubedo

22 Xuño 2026

Juan Caballero (texto e imaxes). Finalizou con éxito a XXVI edición do Gan Trofeo Faro de Corrubedo – Regata Ramiro Carregal Rey, organizada polo Real de Portosín en colaboración co náutico de Ribeira, con todas as probas do programa deportivo completadas e unha ampla participación de veleiros con grímpolas de entidades e clubs náuticos de Galicia.

Tras unha primeira xornada do sábado cunha travesía costeira de 22 millas entre as rías de Muros e Noia e a de Arousa, navegada a gran velocidade e con bos rexistros de cronómetro, o domingo 21 tocaban as mangas técnicas, os clásicos barlovento-sotavento onde se require maior destreza e habilidade dás tripulacións.

Validáronse as dúas previstas, aínda cando a espesa néboa chegou a invadir por momentos a ría arousá. Primeiro tanto para o Bon III, o Cámping Ría de Arousa e o Escora. Na segunda manga os triunfos foron para Bon III, novamente, Unus e Bacor.

Coa media da costeira e os barlo-sota, a clasificación final foi, en Regata, triunfador o Bon III, de Víctor Carrión, do Club Náutico Punta Lagoa, A prata para o Peperetes Nortemar, de José Manuel Millán, do Real Club de Regatas de Vilagarcía. E o bronce para o Corsario Thunder, de Jorge Durán, do Club de Iates de Vilagarcía.

En Cruceiro/Regata, o primeiro banzo do podio ocupouno o Orión, de Alberto Javier Pérez, do Monte Real Club de Iates de Baiona. Segundo posto para o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte. E pechaba o caixón o Unus, de Luis García Trigo, tamén do Club de Iates de Baiona.

Na clase Cruceiro, vencía o Bacor, de Francisco Villamil, do Real Club Náutico Portosín, grímpola que tamén defendía o segundo clasificado, que foi o Escora, de Miguel Reboreda. O posto bronce adxudicoullo A Píllara, de José Manuel Ben, do Club Náutico e Deportivo de Ribeira.

O Bon III renovaba para o Club de Ribeira o Gran Trofeo Faro de Corrubedo, por ser o Club Náutico Punta Lagoa entidade situada ao sur do mítico Faro, que por segundo ano consecutivo lograba Víctor Carrión.

A entrega de premios celebrouse ás cinco da tarde do domingo 21 de xuño, presidida por Ramiro Carregal Rey, acompañado da directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, María del Mar Ferreiro; o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o concelleiro de deportes do Concello de Ribeira, Alex Vidal; os presidentes José Codesido e José Luis Torres Colomer, de Portosín e Ribeira, respectivamente; así como Ana Martínez, do xunta directiva portosinense.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...