O Concello de Noia licita o arranxo e posta en funcionamento do pozo de bombeo de Barro (Abruñeiras)

16 Xuño 2026

O Concello de Noia vén de sacar a licitación as obras de arranxo e posta en funcionamento do pozo de bombeo de Barro, situado na zona das Abruñeiras, cun investimento total de 33.950,41 euros.

Dende o Consistorio explican que “a actuación consistirá no subministro e instalación dunha nova bomba, o que permitirá recuperar a operatividade desta infraestrutura esencial para a rede municipal de saneamento despois de varios anos sen funcionar”. Trátase, ademais, dunha infraestrutura crítica, xa que é o pozo de bombeo máis próximo á estación depuradora, desempeñando un papel fundamental no correcto funcionamento de todo o sistema.

O alcalde de Noia, Fran Pérez, destacou que “seguimos avanzando na mellora das infraestruturas hidráulicas do municipio, actuando sobre puntos críticos da rede para garantir un servizo máis eficiente e fiábel para a veciñanza. Sabemos que este tipo de actuacións non sempre son visíbeis, pero son necesarias para evitar problemas e para contar cun sistema moderno e preparado para o futuro”.

Pola súa banda, o tenente de alcalde, Manolo Seijas Caamaño, sinalou que “esta actuación dá continuidade ao traballo que o Concello vén realizando nos últimos meses para mellorar a rede de saneamento, con intervencións xa executadas na Albariza, en San Lázaro e coa mellora do bombeo do paseo marítimo. O noso obxectivo é seguir avanzando, paso a paso, na modernización dunha infraestrutura esencial para o municipio, actuando alí onde máis se necesita e resolvendo deficiencias que se arrastraban desde hai anos”

Ademais, o Concello continúa á espera de que Augas de Galicia entregue as obras da estación depuradora de augas residuais, unha infraestrutura que leva máis dun ano e medio sen prestar servizo debido ás obras executadas. O Goberno municipal considera “prioritaria” a súa posta en funcionamento para completar a modernización do sistema de saneamento e mellorar a xestión das augas residuais no municipio.

Con esta nova actuación, o Concello de Noia reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas básicas e coa resolución dos problemas históricos que afectan á rede municipal de saneamento.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...