A Deputación destaca en Boiro o potencial do sector vitivinícola como oportunidade para emprender e xerar actividade no rural

15 Xuño 2026

A Deputación da Coruña destacou este luns 15 de xuño en Boiro o potencial do sector vitivinícola como motor de emprendemento, innovación e dinamización económica no rural. Fíxoo no marco dos Encontros no Viveiro – Experiencias BoViño, unha xornada celebrada no LAB Barbanza (Boiro) que reuniu a profesionais do viño, da hostalaría e do turismo para compartir experiencias, crear novas conexións e abrir oportunidades de colaboración arredor dun sector con forte arraigo no territorio.

A deputada de Industria, Emprego e Política Demográfica, Rosa Ana García, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, participaron neste encontro, promovido por ambas institucións e auspiciado polo hostaleiro local Suso Santamaría, que acompañou á deputada e ao rexedor na súa estadía.

O alcalde e a deputada destacaron a importancia de apoiar iniciativas que conectan produto, territorio, cultura empresarial e talento local.

“O sector vitivinícola é un bo exemplo de como a tradición pode transformarse en oportunidade cando se combina con innovación, profesionalización e capacidade emprendedora. O viño xera actividade económica, impulsa a hostalaría, reforza o turismo e contribúe a crear identidade arredor dun territorio”, afirmou Rosa Ana García.

A deputada subliñou que a provincia conta con proxectos vinculados ao rural que precisan apoio, acompañamento e espazos nos que compartir coñecemento. Nese sentido, sinalou o papel do LAB Barbanza como un exemplo do modelo que a Deputación promove a través da Rede Provincial de Coworking.

“O LAB Barbanza demostra que o emprendemento non ten que concentrarse só nos grandes núcleos urbanos. Desde espazos coma este acompañamos proxectos, axudamos a crear sinerxías e oportunidades para que novas iniciativas empresariais poidan consolidarse e medrar”, apuntou.

Os Encontros no Viveiro – Experiencias BoViño nacen coa vontade de poñer en valor o patrimonio vitivinícola da zona, dar visibilidade aos viños producidos na comarca e favorecer a relación entre adegas, profesionais da restauración, proxectos turísticos e persoas emprendedoras.

A Deputación da Coruña enmarca esta colaboración na súa estratexia de apoio ao emprendemento, á creación de emprego e á dinamización económica local, que desenvolve a través do Plan de Emprego Local e da Rede Provincial de Coworking.

Esta rede, da que forma parte o LAB Barbanza desde o ano 2018, consolidouse como unha das principais ferramentas provinciais para acompañar proxectos empresariais, especialmente nos concellos de menor tamaño e nas comarcas rurais.

Actualmente, a Rede Provincial de Coworking está formada por 12 espazos especializados distribuídos por toda a provincia. Neles ofrécese asesoramento, formación, infraestruturas, acompañamento técnico e apoio á creación de sinerxías entre persoas emprendedoras, empresas e administracións locais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.