“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

10 Xuño 2026

Dicir “os españois primeiro” é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se reabren uns dereitos que no franquismo só correspondían aos máis achegados ás teses de aqueles que repartían os privilexios que, en España, non estaban ao alcance de todos malia seren recursos públicos: vivenda, axudas sociais, prestacións, traballo.. materias que, no ideario de determinados partidos políticos con representación parlamentaria actual, corresponden aos nacionais. Porque estes van diante.                           Sen embargo, España reclamou para os seus nacionais migrantes cando nos países da emigración se “tocaban” os dereitos dos españois aló residentes.

Nos anos 70 do século pasado, Suiza tentaba regular a estadía no seu territorio de migrantes que -dicían as súas autoridades nacionais- ocupaban postos de traballo que supostamente deberan ocupar os traballadores suizos e que, na realidade, estes rexeitaban porque nada querían saber de se adicar á construción, hostalaría, servizos de limpeza e semellantes porque os “denigraban” e aos españois non lles importaba porque gañaban máis ca en España e en Suiza tiñan uns dereitos que aquí non se lles recoñecían.

Lembro perfectamente os trens que, desde A Coruña, poñían rumbo a Hendaia e de aquí a outros destinos en Francia, Suiza, Alemaña, Bélxica, etc. cunha manchea a bordo de migrantes que, con dereitos ou sen eles, tiñan o pasaporte alistado para, na época de verán e con sorte na de Nadal, retornar a Galicia e, de aquí, reemprender viaxe de volta aos seus postos de traballo, algo que non tiñan garantido en España e que actualmente VOX non quere garantir aos traballadores extranxeirios que veñen ocupar aquí postos de traballo que os nacionais rexeitan.

Daquela, onde está a prioridade nacional: no traballador ou no traballo?.

Algonso Fernlandez Mañueco, investido onte presidente da comunidade autónoma de Castela e León, asumiu a “prioridade nacional”. Revalida así un poder que lle outorga neste caso os votos de VOX, partido que acada a vicepresidencia e tres consellerías.

Haberá que pensar onde radica a prioridade nacional  nunha comunidade que coñece sobradamente o que é a emigración e a despoboación.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.