Na Pobra, publicada a listaxe definitiva do programa de conciliación estival Móvete! 2026

09 Xuño 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que, a partir de mañá, 10 de xuño, estará dispoñíbel na sede electrónica municipal a lista definitiva de persoas admitidas no programa de conciliación Móvete! 2026, unha iniciativa promovida pola Concellaría de Igualdade, dirixida por Estefanía Ramos.

O obradoiro desenvolverase nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras desde o 22 de xuño ata o inicio do curso escolar 8 de xuño (ambos incluídos), en horario de 09.00 a 14.00 horas, os días laborais de luns a venres.

O programa está destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, nacidos entre os anos 2014 e 2022, e inclúe os servizos de madruga e comedor para as familias que os solicitaron.

A concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, destaca a importancia desta iniciativa para facilitar a conciliación das familias durante os meses de verán, ao tempo que ofrece á infancia un espazo seguro para o lecer, a convivencia e a participación.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co departamento de igualdade a través do teléfono 981 83 27 64 (ext. 6) ou do correo electrónico igualdade@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.