Este venres Ribeira acollerá a presentación do libro Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión

09 Xuño 2026

Este venres 12 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira será escenario da presentación do libro” Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión”, unha obra dedicada a recuperar e difundir a memoria histórica dos irmáns, Fernández Sendón.

O volume, elaborado por Xosé Luis Axeitos, Uxío Bobillo e Carlos Cimadevila, afonda na traxectoria vital de Enrique e Manuel Fernández Sendón, abordando o seu legado desde a perspectiva da memoria democrática e a represión sufrida durante un dos períodos máis convulsos da historia contemporánea.

O acto contará coa participación de Xosé Luis Axeitos, autor da publicación; Fidel Vidal, psiquiatra xubilado; Carlos Cimadevila, representante da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (CRMHB) ; e Ana Barreiro Rego, concelleira de Cultura do Concello de Ribeira.

A iniciativa está organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, coa colaboración do Concello de Ribeira, e enmárcase nas actividades destinadas a promover o coñecemento e a reflexión sobre a memoria histórica na comarca.

A presentación está aberta ao público e suporá unha oportunidade para coñecer de primeira man o contido dunha obra que reivindica a importancia de preservar as historias persoais e colectivas vinculadas á represión e á defensa da memoria democrática.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...