A Deputación da Coruña prepara unha 2ª edición do programa de apoio ao comercio local MercaNaVila

08 Xuño 2026

A Deputación da Coruña anunciou que “tralo éxito da primeira convocatoria” traballa xa na posta en marcha dunha segunda edición de MercaNaVila, o programa pioneiro de apoio ao comercio de proximidade nos concellos máis pequenos da provincia. O eixe de actividades volverá ser a web mercanavila.gal, a plataforma oficial da iniciativa dende a cal as persoas usuarias poden facerse de balde cos seus bonos, consultar os comercios adheridos e localizar os establecementos máis próximos por concello ou sector.

O presidente, Valentín González Formoso, mantivo a semana pasada unha reunión co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, para avanzar no deseño da nova campaña, prevista para o outono de 2026. Na mesma participou tamén a deputada de Emprego, Rosa Ana García.

O encontro serviu para facer balance dunha iniciativa que, segundo sinalaron, “superou amplamente as expectativas iniciais e que se converteu nun referente de apoio ao comercio local en Galicia”.

Así, na súa primeira edición, MercaNaVila puxo á disposición da cidadanía bonos desconto para realizar compras nos establecementos adheridos, “xerando un impacto económico de grande relevancia nas vilas e concellos pequenos e medianos da provincia”.

Para Formoso, as cifras acadadas en MercaNaVila 2025 “demostran que funcionou, que chegou á xente e que respondeu ás necesidades reais do comercio de proximidade”.

MercaNaVila puxo á disposición da cidadanía descontos para realizar compras nos establecementos adheridos das vilas e concellos pequenos e medianos da provincia. A iniciativa pechou a súa primeira edición con máis de 93.000 bonos descargados, preto de 300.000 operacións de compra, 1.080 comercios participantes e 16 millóns de euros mobilizados en vendas no comercio local.

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, valorou “positivamente” a vontade da Deputación de manter o programa e destacou a importancia de que a nova edición se estea a deseñar en colaboración directa co sector.

Na reunión, Deputación e Federación Galega de Comercio coincidiron na “necesidade de seguir traballando de maneira coordinada para adaptar a nova edición ás necesidades reais do sector, simplificar a participación dos establecementos, reforzar a difusión da campaña e ampliar o impacto do programa no territorio”.

A Deputación enmarca MercaNaVila dentro da súa estratexia de apoio ao tecido económico local, á creación de emprego e á dinamización dos concellos de menor tamaño. O programa busca incentivar as compras nos negocios de proximidade, fortalecer o comercio tradicional e contribuír á actividade económica nas vilas da provincia.

A primeira edición deixou tamén unha importante pegada territorial. Concellos como Noia, Boiro, Ordes, Cee, As Pontes, Betanzos, A Pobra do Caramiñal, Melide, Arzúa ou Padrón rexistraron algunhas das cifras máis destacadas de vendas, evidenciando a capacidade da campaña para mobilizar consumo e xerar actividade económica en todo o territorio provincial.

Coa vista posta no outono, A Deputación e Federación Galega de Comercio iniciarán agora os traballos técnicos para definir os detalles da nova convocatoria, co obxectivo de consolidar e ampliar a iniciativa.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...