Sufocado un incendio nunha vivenda ocupada en Conxo que obrigou a desaloxar un colexio

03 Xuño 2026

Efectivos dos bombeiros sufocaron este mércores un incendio nunha vivenda situada no barrio compostelán de Conxo, un suceso que obrigou a desaloxar de maneira preventiva o colexio Cardeal Quiroga Palacios. Non se rexistraron feridos e, no momento do lume, non había ninguén no interior do inmoble.

TVG

Foi un particular quen deu a voz de alarma ao detectar unha intensa columna de fume, visible desde distintos puntos da cidade. A partir de aí, foron numerosas as chamadas recibidas no 112. Ata o lugar desprazáronse tamén axentes da Policía Nacional e da Policía Local, así como o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, e a segunda tenente de alcaldesa, Míriam Louzao.

As familias do alumnado foron avisadas para recoller aos menores, que tiveron que abandonar o centro educativo por precaución. Tras realizar as medicións oportunas, confirmouse que non se retomarían as clases nin o servizo de comedor durante a xornada.

Segundo indicaron varios veciños, a vivenda afectada atopábase ocupada ilegalmente desde hai anos. O lume orixinouse no patio traseiro do inmoble e foi controlado polos bombeiros mediante o uso de mangueiras e un guindastre. A incidencia xerou unha notable expectación na zona, onde se congregaron numerosos curiosos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.