O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición nos Veráns Deportivos 2026

29 Maio 2026

O Concello de Boiro abre o vindeiro luns día 1 de xuño o prazo de inscrición nas actividades dos Veráns Deportivos 2026, que se van desenvolver do 22 de xuño ao 3 de setembro. O alcalde, José Ramón Romero, e o técnico de deportes, Manuel González, realizaron este venres 29 de maio a presentación das actividades.

A XXXIII edición dos Veráns Deportivos do Concello de Boiro engloba proposta de actividades para rapaces e rapazas coa colaboración dos clubs deportivos do municipio. Vanse desenvolver propostas como remo, piragüismo, volei praia, baloncesto, atletismo, tenis, taekwondo, vela… así como actividades para adultos como tenis ou vela e ximnasia para persoas xubiladas.

Ademais das escolas deportivas que se desenvolven durante o verán, haberá competicións propias que organizan os clubs deportivos xunto co servizo municipal de deportes como son o Campus “Rufino Regueira” de natación, campus de baloncesto, campus de volei praia, campus de fútbol… e outras competicións.

O prazo de inscrición nas actividades estará aberto dende este luns día 1 de xuño. O alcalde, José Ramón Romero, animou aos rapaces e rapazas a inscribirse nestas actividades no verán “porque estas actividades son unha alternativa de ocio saudábel, que non só facilita a conciliación familiar, senón que tamén inculca nos rapaces valores como o compañeirismo ou a disciplina que serán fundamentais na súa vida adulta”.

Toda a información está dispoñíbel na páxina web municipal, no Departamento de Deportes situado no Edificio das Colonias ou mediante o enderezo electrónico deportes@boiro.org ou o teléfono 679 712 621.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.