O Centro de Día de Rois organiza un paseo en barco para os seus maiores en colaboración con ADECO-DEA Noia Náutica Adaptada

25 Maio 2026

O Centro de Día de Rois, da rede de centros da Xunta de Galicia, realiza unha actividade pioneira dirixida aos seus usuarios: un paseo en barco adaptado pola ría de Noia, desenvolvido en colaboración con Náutica Adaptada de Noia. A proposta foi recibida con gran entusiasmo por parte dos maiores, que participarán nun percorrido accesíbel de aproximadamente 50 minutos.

A directora do centro, María Vilas, subliña a importancia desta acción:“Para moitas das persoas maiores do CD de Rois, o mar forma parte da súa historia de vida. Poder ofrecerlles esta experiencia en condicións de accesibilidade e seguridade é un motivo de orgullo para todo o equipo, para unha das participantes con 97 anos é a súa primeira vez en barco”.

O barco parte dende as instalacións do Real Clube Naútico de Portosín, durante a travesía, os participantes visitarán puntos de interese como A Illa da Creba, as bateas e a praia de Coira, desfrutando dunha contorna natural de gran valor paisaxístico e cultural. A actividade intégrase no programa comunitario anual do Centro de Día de Rois, orientado a promover o envellecemento activo, a participación social e o benestar emocional.

Pola súa banda, Pepe, responsábel de ADECO-DEA Noia Náutica Adaptada, destaca que esta colaboración “permite achegar o mar a todas as persoas, independentemente das súas capacidades, garantindo unha experiencia inclusiva e plenamente accesibel”.

Con esta iniciativa, o Centro de Día de Rois reafirma o seu compromiso coa innovación social, a accesibilidade e a mellora da calidade de vida das persoas maiores.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...