As gravacións das Pandeireteiras de Rois de 1986 incorpóranse ao Arquivo Sonoro de Galicia

23 Maio 2026

Rois entrega ao Consello da Cultura as gravacións das Pandeireteiras recollidas en 1986

Mercedes Autrán entregoulle ao Consello da Cultura Galega as gravacións orixinais realizadas en 1986 ás pandeireteiras de Rois, un material que pasará a formar parte do Arquivo Sonoro de Galicia. O acto celebrouse no marco da inauguración da exposición “A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral”, que poderá visitarse no multiúsos de Rois ata o 11 de xuño.

Segundo explicou Autrán, aquelas gravacións nacen dun traballo impulsado hai 40 anos por un grupo de nenas de once anos do colexio de Rois, animadas pola profesora de galego Cristina García, que decidiron recoller o canto das avoas das aldeas para preservar a tradición oral e musical. “Con esas cancións gravadas ás avoas, as Pandeireteiras de Rois fixemos o noso repertorio”, lembrou a veciña de Rois, que tamén destacou que entre as voces recollidas figuran as de Josefina Queiro Freire, Rosa Bralo e Herminia Curra.

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, agradeceu a doazón e puxo en valor que este fondo se conservara durante catro décadas para poder dixitalizalo agora. Subliñou ademais que o Arquivo Sonoro de Galicia ten como finalidade preservar, catalogar e divulgar este tipo de materiais para poñelos a disposición da cidadanía e das persoas investigadoras.

A inauguración da mostra contou coa presenza do alcalde de Rois, Ramón Tojo, e coa participación doutras integrantes das Pandeireteiras de Rois e das rapazas que fixeron aquelas gravacións. Na xornada tamén houbo relatorios sobre a transmisión dos coñecementos, a pandeireta na actualidade e a percusión de man, ademais dunha intervención da Escola de música e baile tradicional do Concello de Outes.

A exposición, comisariada por Suso Vaamonde Manteiga e Luciano Pérez Díaz, reúne pezas históricas, recreacións e materiais de estudo arredor da evolución da pandeireta galega. Entre os contidos destaca unha pandeireta con máis dun século de antigüidade e diversos documentos vinculados á tradición cantareira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.