O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu este venres a misa solemne en honra de Santa Rita celebrada na igrexa conventual das monxas agustinas de clausura do conxunto monumental de Vista Alegre, en Vilagarcía de Arousa. A eucaristía, oficiada ás 12.00 horas, reuniu numerosos fieis nunha xornada marcada pola devoción e o recollemento.
A celebración contou coa presenza de sacerdotes, celebrantes, representantes municipais e da comunidade relixiosa agustina. Desde primeira hora da mañá, decenas de persoas achegáronse ao templo para participar nos actos dedicados á santa, cuxa festividade segue a ter unha fonda resposta popular en Galicia.
Na homilía, monseñor Prieto destacou a figura de Santa Rita como exemplo de sabedoría cristiá, capacidade de perdón e fidelidade a Deus en momentos difíciles. O arcebispo lembrou que a santa viviu situacións “dramáticas e difíciles” na súa vida familiar e relixiosa, mais soubo responder desde “o camiño do Evanxeo”.

Subliñou ademais que a súa fortaleza non procedía só de cualidades humanas, senón da súa unión fonda con Deus, que lle permitiu seguir amando e



