O Pazo de Goiáns volve ser o epicentro da cultura coa XV Romaría das Letras do Barbanza

17 Maio 2026

O Pazo de Goiáns converteuse este domingo novamente no epicentro cultural coa XV Romaría das Letras do Barbanza, organizada polo Concello de Boiro e a Asociación Cultural Barbantia. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, foron os encargados de abrir institucionalmente unha xornada marcada pola música, a literatura e a participación veciñal.

Dende as 11.00 horas comezou o paso de persoas pola finca de Goiáns para gozar dos bailes tradicionais de Xilbarbeira e Abanqueiro e do concerto de Maricarme. Centos de persoas xantaron nas inmediacións do pazo, nun ambiente amenizado polos Pequenos do Barbanza.

Durante o acto institucional, o alcalde salientou que “a única maneira de homenaxear as nosas letras é falalas sempre, os 365 días do ano”, nunha intervención previa ás presentacións literarias de Elas, de Xulio Gutierrez, e A Compostela de Begoña Caamaño, de Encarna Otero.

A programación continuou pola tarde con actividades infantís no pombal do pazo, baile galego con Aroña e Abeloura, e rematou coa actuación do grupo Os D’Abaixo, que puxo o peche musical a unha xornada de celebración arredor da cultura galega e do libro.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.