Rois rende homenaxe a José Luis Franco nas festas do Santo Isidro ante 700 persoas

15 Maio 2026

Unha multitud de veciños e autoridades —sobre 700 persoas segundo o Concello— participou hoxe no xantar popular do Santo Isidro en Rois, onde o municipio lle rendeu homenaxe a José Luis Franco Pérez, que durante máis de 45 anos rexentou a taberna A Carballeira, en Sorribas.

O alcalde, Ramón Tojo, agradeceu a asistencia masiva e destacou a traxectoria de Franco como “un punto de encontro para moitos de nós”. Ao acto acudiron a delegada da Xunta na Coruña, Belén Docampo, e os alcaldes de Padrón, Dodro, Teo e Boqueixón, ademais doutros representantes institucionais e do capitán da Garda Civil de Noia.

Visiblemente emocionado, José Luis Franco agradeceu “a todas as persoas que durante máis de 45 anos” pasaron pola súa taberna, que rexenta desde 1979, primeiro coa súa nai e nos últimos anos coa súa dona, Catalina Cobas. “Grazas a todas esas persoas que viñan todos os días ou cando podían; fixéronme sentir máis que taberneiro, un amigo”, sinalou. Como recordo da homenaxe, o alcalde entregoulle a figura dun peregrino.

O xantar serviu tamén para presentar ao novo pregoeiro: o educador e creador de contido Gabi García Calvo, natural de Casal de Seira, que estreouse pronunciando o seu primeiro pregón no concello natal. O mozo, de 34 anos e coñecido nas redes como @gabiii8, lembrou os seus inicios como educador na gardería municipal e manifestou o seu afecto polo pobo. En clave de humor pediu que “algún día” lle poñan o seu nome a unha corredoira. Ao finalizar o pregón, o alcalde entregoulle unha escultura dunha labrega obra de Camilo Seira.

Ademais das homenaxes a Franco e ao pregoeiro, durante o acto recoñeceuse a tres persoas centenarias do municipio. María Dolores Busto Beade recibiu o premio ao mellor cartel promocional das festas, deseñado por ela e gañador do concurso local.

Os asistentes degustaron un menú con empanada, polbo e carne ao caldeiro, servido pola pulpería Veloso. Pola tarde actuaron Antonio Barros e Ialma, cun concerto financiado pola Secretaría Xeral da Lingua, e houbo inchables, obradoiros e xogos populares para os máis pequenos. As actividades comezaran pola mañá co pasarrúas do grupo de gaiteiros do OCT Chorima e coa misa solemne na igrexa parroquial, na que o alcalde encabezou a procesión con Santo Isidro. A xornada rematou coa verbena da noite, animada pola Orquestra Saudade e a disco móbil Apocalipsis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.