Merca No Teu Comercio comeza en Padrón, Rois, Dodro, Narón e Fene

14 Maio 2026

A campaña Merca No Teu Comercio inicia este venres 15 de maio dúas campañas, que terán lugar por un lado en Narón e Fene; e pola outra en Padrón, Rois e Dodro. Entre o 15 e o 30 de maio de 2026 desenvolveranse estas dúas iniciativas publicitarias/promocionais da Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración no primeiro caso da Asociación de Comerciantes de Narón e a Asociación de Comercio, Hostelería e Servizos Cruceiro de Fene; entre outras entidades.

O obxectivo desta actuación, que comprende 40 campañas (10 por provincia) e 114 localidades en toda a Comunidade Autónoma galega, é estimular as vendas nos municipios rurais galegos, achegar aos clientes aos comercios de proximidade, e dinamizar o sector. Na provincia de A Coruña celebraranse 10 actuacións, englobando 28 localidades ata o mes de outubro, e repartindo un total de 10.000 euros en premios.

Poderán participar nesta campaña de Merca no teu Comercio todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas das localidades citadas: Narón e Fene; e tamén en Padrón, Rois e Dodro, nas datas das campañas (en ambos casos, do 15 ao 30 de maio de 2026). Deben facelo rexistrando directamente a súa compra no apartado correspondente á localidade a través da web mercanoteucomercio.com, a través de calquera dispositivo electrónico: móbil, tableta ou ordenador. A participación pode ser rexistrada tamén polo comerciante, se o desexa, a través da mesma plataforma, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.

Entre os participantes en cada unha destas dúas campañas sortearanse 1.000 euros, distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán ser empregadas para volver a mercar nos comercios de proximidade das respectivas localidades. O sorteo de ambas campañas realizarase o 1 de xuño.

As entregas de premios terán lugar na Praza da Gándara de Narón, o venres 5 de xuño, para os premiados de Narón e Fene; e na Praza Macías de Padrón, o mércores 10 de xuño, para os afortunados de Padrón, Rois e Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...