Galicia quedará a partir deste mércores 13, Nosa Señóra de Fátima, nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, cun réxime de ventos de compoñente norte que favorecerá unha xornada de tempo variable en boa parte da comunidade.
Nas Rías Baixas e en Santiago de Compostela agárdanse ceos parcialmente cubertos e a aparición dalgúns chuvascos ocasionais, especialmente durante a tarde-noite. As precipitacións serán, en principio, de carácter feble e intermitente.
No apartado térmico, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas permanecerán sen grandes cambios, aínda que poderían rexistrarse pequenas subas no interior de Galicia(18 a 20 graos).

O noso mar; vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste á mañá e á noite e oeste á tarde, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 0 a 1 metros á tarde e á noite.



