O Club Trabandainas e o Concello de Porto do Son informaron da apertura das inscricións para a Andaina Porto do Son que se celebra o vindeiro mes de xuño, o día 7, organizado polo Club Trabandainas en colaboración co Concello e outras entidades.
Trátase dunha proba que forma parte da Liga Galega de Andainas.
Haberá un percorrido de 25 quilómetros e un percorrido máis accesíbel de 15 quilómetros.
As inscricións poden facerse en Deporticket.com.
Este roteiro costeiro “permitiranos gozar das espectaculares paisaxes marítimas do concello do Porto do Son mentres participamos nunha das andainas máis emblemáticas do calendario”, explican dende a organización, engadindo que a saída terá lugar desde a fachada marítima de Porto do Son, un enclave perfecto para iniciar esta aventura polos carreiros costeiros.
Os participantes poderán elixir entre dous percorridos: o completo de 25 km para os máis experimentados ou a opción de 15 km para quen prefira unha distancia máis accesíbel. Durante o traxecto, a organización preparou 3 puntos de avituallamento estratexicamente situados para repoñer forzas. E como broche final, todos os participantes poderán gozar de “deliciosas tapas ao finalizar o roteiro”.




