A Asociación de Amas de Casa de Ribeira organiza o 14 de maio un mercadiño solidario de libros a prol de ASANOG

09 Maio 2026

A Asociación de Amas de Casa de Ribeira, a través do seu Club de Lectura e coa colaboración do Concello de Ribeira, organizará o vindeiro día 14 de maio, de 17.00 a 20.00 horas, un mercadiño solidario de libros na praza do Concello. A recadación obtida irá destinada integramente a ASANOG, asociación de cancro infantil e xuvenil de Galicia.

Esta iniciativa naceu co obxectivo de fomentar a lectura e, ao mesmo tempo, apoiar o importante labor que ASANOG desenvolve en favor de nenos e mozos oncolóxicos e das súas familias.

O mercadiño contará con libros para todos os públicos e idades, permitindo aos asistentes colaborar con esta causa solidaria mediante a adquisición de exemplares a prezos simbólicos.

Desde a Asociación de Amas de Casa de Ribeira queren “destacar a importancia de promover actividades cun marcado carácter social e solidario, agradecendo especialmente a colaboración do concello de Ribeira e a implicación de todas as persoas que farán posible esta iniciativa”.

A asociación anima a toda a cidadanía a participar e colaborar nesta cita solidaria

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...