Cáritas Diocesana de Santiago impulsa Arredonda, unha empresa social para previr incendios e xerar emprego no rural

06 Maio 2026

Cáritas Diocesana de Santiago presentou Arredonda, unha nova empresa de inserción sociolaboral que nace co obxectivo de combinar a creación de emprego para persoas en situación ou risco de exclusión coa prevención estrutural de incendios forestais no territorio galego.

Arredonda inicia a súa actividade cunha primeira base operativa no norte da diocese (A Coruña, Betanzos, Eume e Ferroltera) e para constituír nas próximas semanas outra no centro (Santiago, Ordes, Arzúa, Terra de Melide, A Barcala, Xallas, Noia e Muros) e o sur da diocese (O Sar, Barbanza, O Salnés, Caldas, Pontevedra e O Morrazo).

A iniciativa, dada a coñecer en Santiago de Compostela, comezará a súa actividade coa xestión de 120 hectáreas distribuídas en 86 parcelas, con previsión de ampliación progresiva. Arredonda desenvolverá traballos de roza, limpeza de leiras, mantemento de zonas verdes, podas e conservación básica da contorna, adaptados ás necesidades de cada espazo.

O proxecto prevé a creación de 13 postos de traballo durante o seu primeiro ano, dos cales nove estarán destinados a persoas en itinerarios de inserción sociolaboral. Estas persoas recibirán formación e acompañamento co obxectivo de facilitar o seu acceso posterior ao mercado laboral ordinario.

Durante a presentación, responsables da entidade destacaron o carácter integral da iniciativa, que conecta emprego, sustentabilidade ambiental e arraigamento territorial. Neste sentido, subliñaron que o mantemento de parcelas e a xestión de biomasa son elementos clave para reducir o risco e a propagación de incendios, especialmente nun contexto marcado polo abandono do medio rural.

Arredonda contará inicialmente cunha base operativa no norte da diocese —incluíndo comarcas como A Coruña, Betanzos ou Ferrolterra— e prevé estender a súa actividade nas próximas semanas ao centro e sur do territorio, co obxectivo de consolidar tres centros de traballo.

A empresa intégrase na estratexia de economía social impulsada por Cáritas, xunto a iniciativas como Moda Re-, centrada na reutilización e reciclaxe téxtil. Con iso, a organización reforza a súa aposta por modelos que combinan actividade económica, impacto social e desenvolvemento sostible.

Ademais, o proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia no ámbito formativo, a través de programas que capacitan ás persoas participantes en tarefas forestais e de mantemento de espazos verdes.

Con Arredonda, Cáritas Diocesana de Santiago dá un paso máis no seu compromiso coa inclusión social e a protección da contorna, promovendo unha solución que busca anticiparse aos incendios mediante o coidado activo do territorio e a xeración de oportunidades laborais no rural galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.