A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza súmase á campaña “Salva Vidas, Limpa as Mans”

05 Maio 2026

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza celebra este martes 5 de maio o Día Mundial da Hixiene de Mans, este ano co lema A acción salva vidas, sumándose así á campaña internacional da Organización Mundial da Saúde.

Dende a Área explican que “a hixiene de mans continúa sendo a medida principal para previr as infeccións relacionadas coa asistencia sanitaria (IRAS) e a proliferación de resistencias antimicrobianas” e que “con esta iniciativa a OMS fai fincapé na necesidade de que os países continúen mellorando en prevención e control de infeccións (PCI)”.

Os centros da área sanitaria compostelá acollen un ano máis múltiples actividades para concienciar da importancia desta medida a profesionais e usuarios. Así, ao longo da mañá deste martes 5, instaláronse mesas informativas para a `promoción da hixiene de mans nas entradas principais dos hospitais da área e nalgún centro de saúde como Servizo de Atención Primaria de Ribeira, dirixidas a informar a toda a poboación que se achegue ata estes centros.

Na maioría deses puntos ofrécese ás persoas que o desexen, por parte do persoal das mesas (profesionais do Servizo e Medicina Preventiva, da subdirección de calidade e de atención primaria) a posibilidade de cotexar o resultado da súa práctica de hixiene de mans, comparando o antes e o despois do lavado. Tamén dispoñen de folletos, petacas de solución alcohólica e outros artigos de promoción da hixiene de mans.

Ao longo da xornada proxéctanse vídeos relacionados en diferentes pantallas dos hospitais da área, salas de espera de pacientes e hospitais de día.

Tamén se organizaron para aos máis cativos actividades lúdicas na aula hospitalaria e escolas infantís de fillos de traballadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...