O PSOE de Rianxo critica que o pleno rexeite debater unha proposta urxente sobre asfaltados en zonas clave

02 Maio 2026

O PSOE de Rianxo lamentou que o pleno municipal rexeitase debater unha proposta urxente centrada na mellora do estado de varios viais do concello. Segundo explican os socialistas, na última sesión plenaria BNG, PP e o grupo de goberno votaron en contra da urxencia dunha moción que buscaba abordar actuacións prioritarias de asfaltado.

A iniciativa pretendía abrir un debate político sobre a situación de zonas consideradas clave en Rianxo, como o acceso á praia de Tanxil, ao Brea Segade e aos accesos aos campos de fútbol da Lomba. Trátase de espazos cun uso intensivo, especialmente durante os meses de verán e en períodos de elevada actividade deportiva.

Desde o grupo socialista consideran “incomprensible” que non se permitise nin sequera tratar o asunto no pleno, ao entender que afecta directamente á seguridade viaria, á mobilidade da veciñanza e á imaxe do municipio. “O máis grave non é só votar en contra, senón impedir que se fale dun problema evidente que require decisión política e planificación”, sinalan.

Os socialistas destacan ademais que a proposta fora comunicada previamente aos distintos grupos políticos, co obxectivo de facilitar a súa valoración. Neste sentido, cren que a sinxeleza da iniciativa e a urxencia das actuacións facían xustificada a súa tramitación.

O PSOE tamén criticou a falta dun plan de asfaltados público e transparente que permita establecer prioridades. Segundo indican, un concello cun orzamento superior aos 12 millóns de euros debería contar cunha planificación clara para atender necesidades básicas como o mantemento dos viais.

Finalmente, o grupo municipal reiterou o seu compromiso de seguir levando este asunto á axenda política local, ao considerar que a cidadanía non entende as dificultades para abordar cuestións que cualifican de “básicas e necesarias”.O PSOE de Rianxo critica que o pleno rexeite debater unha proposta urxente sobre asfaltados en zonas clave

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...