O Concello de Padrón convoca o XII Certame Poético Rosalía de Castro

29 Abril 2026

O Concello de Padrón, en colaboración coa Casa de Rosalía, convoca a XII edición do Certame Poético Rosalía de Castro, unha iniciativa consolidada que ten como finalidade “promover a creación literaria en lingua galega” e “render homenaxe á escritora máis universal das nosas letras”, en palabras do Concello.

O certame está aberto á participación de persoas de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas en galego e non premiadas previamente noutros concursos. O tema e a forma poética son libres, mais os traballos deberán contar cunha extensión mínima de 400 versos.

As obras deberán presentarse en papel, con letra Arial tamaño 12, por quintuplicado e baixo o sistema de plica, e remitirse ao Concello de Padrón (Rúa Longa nº 27, 15900 Padrón, A Coruña), indicando no sobre “XII Premio de Poesía Rosalía de Castro”.

O prazo de presentación de orixinais abrirase o vindeiro 4 de maio e rematará o 24 de xullo de 2026.

O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura galega e será presidido polo alcalde de Padrón. O fallo darase a coñecer antes do 31 de decembro a través do taboleiro de anuncios e da páxina web municipal. A data de entrega do galardón será acordada entre a Concellería de Cultura e a persoa premiada.

A obra gañadora recibirá un premio de 1.500 euros, un diploma acreditativo e será publicada dentro da colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.

As bases completas poden consultarse na web municipal e no documento adxunto, e tamén se pode solicitar máis información a través do correo electrónico cultura@padron.gal ou no teléfono 981 811 329.

Na pasada edición, o galardón recaeu na escritora viguesa Noa Pérez González pola obra Pequeno panteón politeísta, da que o xurado destacou a súa frescura, ironía e a forza evocadora das súas imaxes arredor da infancia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...