O Hotel Monumento Santo Francisco de Santiago acollerá este xoves, 30 de abril, a gala de entrega do XIV Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal, dotado con 30.000 euros, ao doutor Emilio Alba Conejo e do VII Premio a Talentos Emerxentes á doutora Patricia Altea Manzano. Este galardón incrementou a súa contía polo que o proxecto da doutora Altea recibirá 15.000 euros.
O acto estará presidido, un ano máis, polo xefe do Executivo galego, Alfonso Rueda, quen estará acompañado na mesa presidencial pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; polo presidente do Xurado, o doutor Rafael López e polo empresario e mecenas Ramiro Carregal, fundador de FRINSA (Ribeira).
Entre os asistentes estarán varios representantes do Concello de Ribeira, encabezados pola súa alcaldesa María Sampedro; a nova reitora da USC, Rosa Crujeiras; os membros do Xurado que outorga este premio, así como numerosas personalidades do ámbito académico, sanitario e institucional de Galicia.
O acto, aberto ao público, dará comezo ao 19.30 h.




