Centos de persoas representan no Hospital do Barbanza o “soterramento” da sanidade pública

28 Abril 2026

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, xunto a veciños e veciñas da comarca, continúa co encerro no hospital comarcal, que xa suma sete días de mobilización continua, día e noite, en demanda de melloras urxentes no servizo galego de saúde.

Este martes 28 de abril a protesta consistiu no “enterro da sanidade pública”, co que se quixo visibilizar a preocupación social polo deterioro da atención sanitaria e as consecuencias que están a ter os recortes e a falta de recursos. Os portavoces, Balbino González e Luí Pérez, xunto con membros da organización nacionalista sumáronse a apoiar aos veciños e veciñas.

O ex-alcalde de Ribeira e portavoz do BNG no concello, Luís Pérez Barral, destacou que “esta mobilización é un exemplo do compromiso da veciñanza coa defensa dun dereito fundamental como é a sanidade pública”. Pérez subliñou que “as reivindicacións son xustas e necesarias: máis transparencia, redución das listas de espera e o incremento de profesionais sanitarios para garantir unha atención digna e de calidade”.

Ademais, incidiu en que “non é asumíbel que haxa persoas agardando durante meses ou mesmo anos por probas diagnósticas ou consultas con especialistas, unha situación que obriga en moitos casos a recorrer á sanidade privada”.

Desde o Bloque Nacionalista Galego reiteran a súa demanda de que o conselleiro de Sanidade e o xerente da área sanitaria reciban ás persoas mobilizadas para escoitar de primeira man as súas queixas e propostas. “Hai que adoptar medidas para atallar unhas listas de espera que están a provocar situacións moi graves”, afirmou Pérez Barral.

O portavoz tamén sinalou que “o que hoxe se simbolizou con este enterro é a necesidade de reaccionar a tempo para fortalecer a sanidade pública”.

Finalmente, Luís Pérez agradeceu o traballo de toda a veciñanza e dos membros da Plataforma polo labor tan importante que fan para conseguir melloras na Sanidade e comprometeu seguir ao lado da xente: “Estaremos ao lado da xente, nas rúas e nas institucións, impulsando iniciativas no Parlamento e onde sexa preciso para que se doten os recursos necesarios e se garanta unha atención sanitaria digna para toda a veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...