Martes 28 inestable con risco de treboadas e sarabia nas Rías Baixas e Santiago

27 Abril 2026

A xornada do martes estará marcada por un aumento da inestabilidade atmosférica en Galicia, coa formación dunha baixa presión sobre a Península que favorecerá o desenvolvemento de chuvascos.

Nas Rías Baixas e na área de Santiago, agárdanse ceos con nubes medias e altas durante a mañá, nun ambiente relativamente tranquilo. Será a partir do mediodía cando a situación se complique, coa aparición de chuvascos treboentos que poderán afectar a boa parte da metade sur, incluíndo estas comarcas.

Non se descarta que algunhas destas precipitacións veñan acompañadas de sarabia e refachos intensos de vento de carácter puntual, polo que se recomenda precaución durante a tarde.

As temperaturas manteranse sen cambios significativos, aínda que poderán rexistrarse lixeiros ascensos na metade norte. (máximas 26 graos).

O vento soprará de compoñente nordés, moderado en xeral, con intervalos fortes no litoral noroeste, sen especial incidencia directa nas Rías Baixas.

meteogalicia

O noso mar; vento do nordés á mañá, do norte á tarde e variable á noite, forza 2 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...