O Concello de Ribeira vende a totalidade das entradas para o Encontro das Persoas Maiores 2026 na xornada de apertura

27 Abril 2026

O Concello de Ribeira vendeu a totalidade das entradas para o seu Encontro das Persoas Maiores 2026 durante a xornada de apertura; unha cita que reunirá no 10 de maio a 900 comensais. A xornada comezará ás 12.30 horas coa misa solemne na igrexa parroquial de Santa Uxía cantada pola Coral Polifónica Municipal.

Unha vez remate, os autobuses sairán dende o Malecón, na entrada ao recheo portuario, con dirección ao complexo deportivo da Fieiteira, que se converterá nun salón de eventos para a ocasión, e onde está programada a recepción para as 13.30 horas. Cada persoas pagou unha entrada de 25 euros por un menú que consta de primeiro prato con camaróns, lagostinos e navalla; segundo prato con carrilleira ibérica con pataca, sobremesa e bebidas variadas.

O toque musical corre a cargo de Dani DJ, un profesional local.

O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, manifesta que “un ano máis, a venda das entradas para este encontro foi todo un éxito. No mesmo día no que abrimos a adquisición das entradas, completamos o aforo. Agora toca traballar para perfeccionar todo para o xantar e desfrutar todos xuntos sentados á mesa no mes de maio”.

A devandita entrada está numerada, é persoal e intransferíbel, indicando a mesa asignada. Resulta necesaria para o acceso ao evento mostrar a entrada ao persoal encargado así coma, de ser o caso, acreditar a identidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...