O Club Xadrez Rianxo ascende á División de Honra

27 Abril 2026

O deporte rianxeiro fixo historia esta pasada fin de semana, coa confirmación do ascenso á División de Honra do Club Xadrez Rianxo, entidade posta en marcha hai xa case vinte anos e que conta a día de hoxe con medio cento de xogadores e xogadoras.

Segundo conta a dirección do club, “logramos esta importante distinción tras unha xornada de volta do playoff de ascenso absolutamente emocionante na que nos enfrontamos contra o EXP A Coruña, nunha tarde de auténtico infarto que non se decidiu ata a última partida”.

Explican tamén que este éxito supón “un fito enorme”, xa que na Liga Galega de Xadrez participan máis de 100 equipo e o club de Rianxo atópase entre os 12 mellores de Galicia, “un logro espectacular que reflicte o traballo, a constancia e a paixón de todo o equipo durante toda a tempada”.

Dende o club rianxeiro quixeron facer tamén unha mención especial a un dos seus xogadores, Telmo, que a pesar da súa curta idade xa se consolidou como “un dos nosos xadrecistas máis importantes”, sinalaron.

A todo o devandito únense tamén os logros recentes do equipo do Club de Xadrez Rianxo na Segunda División, que conseguiu o ascenso á Primeira, polo que a tempada sáldase con dous históricos ascensos para a entidade rianxeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.