Tempo estable o sábado con sol e suba das temperaturas

17 Abril 2026

Galicia manterase este sábado baixo a influencia das altas presións, cun claro dominio do vento do nordés que deixará unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica na maior parte do territorio.

Agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, aínda que pola tarde poderán formarse nubes de evolución nas zonas montañosas do leste, onde non se descarta algún chuvasco treboento de carácter illado.

No que respecta ás temperaturas, experimentarán un lixeiro ascenso na maior parte de Galicia (24 a 27 graos).

O vento soprará moderado do nordés, con intervalos de intensidade forte no litoral da provincia da Coruña, reforzando a sensación de frescor nas zonas costeiras.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do norte á noite, forza 4 a 5 á mañá e 2 a 4 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste á mañá e noroeste á tarde e á noite, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.