Falece en Ribeira Juan Pérez Pérez, “Tallada”, aos 92 anos

17 Abril 2026

Ribeira despide a Juan Pérez Pérez, coñecido como “Tallada”, falecido este xoves aos 92 anos de idade. A súa morte deixa fonda pegada entre familiares, amizades e veciñanza, onde era unha persoa coñecida e desenvolveu labor como presidente da Cruz Vermella de Ribeira.

Viúvo de Julia Martínez Vidal, deixa fillos, netos e bisnetos, ademais doutros familiares que lamentan a súa perda. A familia agradece as mostras de cariño recibidas nestes momentos.

O velorio ten lugar no tanatorio-crematorio “Los Dolores”, onde se instalou a capela ardente na Sala 3, en horario de 10:00 a 23:00 horas.

A condución dos seus restos mortais realizarase mañá venres ás sete e media da tarde cara ao cemiterio municipal de Ribeira, onde recibirá sepultura. Posteriormente, ás oito e media da tarde, celebrarase o funeral polo seu eterno descanso na igrexa parroquial de Santa Uxía de Ribeira.

Familiares e achegados rogan unha oración pola súa alma e a asistencia aos actos fúnebres.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...