Tempo estable o venres, con máis sol pola tarde e subida das máximas no sur

16 Abril 2026

Galicia quedará este venres 17, baixo a influencia das altas presións, nunha xornada marcada pola estabilidade atmosférica. Durante a mañá agárdanse néboas e nubes baixas en zonas do interior, que irán disipándose co paso das horas para dar lugar a ceos moi abertos en xeral, con presenza de nubosidade alta. No norte da provincia de Lugo persistirán nubes de estancamento.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas manteranse sen cambios ou con lixeiros descensos, mentres que as máximas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado, especialmente na metade sur da comunidade.(20 -22 graos). Os ventos soprarán frouxos do norte-nordés no interior, sendo moderados no litoral.

meteogalicia

O noso mar; vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...