Mércores 15, máis nubes e chuvias na franxa atlántica mentres o sur manterá ceos abertos pola tarde

14 Abril 2026

Galicia estará este mércores baixo a influencia dunha fronte que se achegará pola costa oeste, o que traerá un aumento das nubes na metade occidental da Comunidade. Nas Rías Baixas e en Santiago prevese unha mañá con ceos nubosos e precipitacións intermitentes, máis intensas nas zonas costeiras e no norte.

Cara á tarde, a situación mellorará nas comarcas do sur, onde se abrirán claros e mesmo se poderían rexistrar intervalos de sol, aínda que non se descarta algún chuvasco illado en áreas montañosas do interior.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un ascenso, especialmente nas provincias orientais. En Santiago rondarán os 18 graos de máxima, e nas Rías Baixas poderían superar os 20.

O vento soprarará do sur-suroeste, moderado no litoral e máis frouxo nas zonas interiores. Pola noite tenderá a amainar, quedando variable en xeral.

meteogalicia

O noso mar: vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e variable á noite, forza 3 a 4 á mañá e á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2.5 a 3 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...