Licitados traballos para a eliminación de especies exóticas no Parque Natural de Corrubedo e nas Illas Cíes

11 Abril 2026

A Xunta de Galicia vén de licitar por máis de 150.000 euros un contrato para a eliminación de especies exóticas invasoras en espazos naturais de alto valor ambiental como o arquipélago das Illas Cíes e o Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

Esta actuación enmárcase na Estratexia transnacional de restauración de áreas de alto valor de conservación da Rede Natura 2000 no norte da Península Ibérica, cofinanciada no contexto do proxecto Life Global, e ten como principal obxectivo a erradicación e control das especies invasoras que afectan negativamente aos hábitats prioritarios, especialmente ás lagoas costeiras.

Os traballos desenvolveranse nunha superficie superior ás 200 hectáreas, das que 194 corresponden ao parque natural de Corrubedo e máis de nove hectáreas ás Illas Cíes, pertencentes ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. A intervención prolongarase ata o ano 2028, cunha primeira fase en 2026 centrada na eliminación inicial das especies e dúas fases posteriores, en 2027 e 2028, destinadas ao control dos rebrotes.

As actuacións levaranse a cabo de maneira selectiva e preferentemente manual, seguindo criterios de cautela ambiental debido á sensibilidade destes espazos. Só de xeito puntual se empregará maquinaria lixeira cando sexa imprescindible, previa avaliación do seu impacto.

En total, intervirase sobre arredor dunha vintena de especies consideradas prioritarias ou de interese. Entre as máis problemáticas destacan a herba da pampa, a acacia, a cana ou a ludwigia, mentres que outras como o esparto, a piteira ou a margarita africana tamén serán obxecto de control.

O obxectivo final destas actuacións é reducir a presenza destas especies invasoras, restaurar os hábitats naturais e minimizar o seu impacto sobre a biodiversidade, xa que estas plantas forman masas densas que desprazan a vexetación autóctona e afectan tamén á fauna asociada.

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 17 de abril, sendo a adxudicataria a encargada de executar os traballos ao longo dos próximos tres anos.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...