Caamaño celebra as Festas de Pedrafurada os días 5 e 6 de abril

26 Marzo 2026

A Semana Santa na parroquia de Caamaño (Porto do Son) vai vir con extras: a celebración das Festas de Pedrafurada, que se desenvolven o domingo 5 e o luns 6 de abril (domingo e luns de Pascua).

Os festexos arrincarán o domingo 5 (na Honra a Xesucristo Nazareno) coas dianas e alboradas a cargo de Trécola e Os Pequenos do Barbansa. Logo, ao mediodía (ás 13.00 horas), celebrarase unha misa solemne na Capela de Pedrafurada e ao remate haberá procesión. De seguido virá unha sesión vermú con pinchos populares amenizada polos gaiteiros e a Orquesta JB Son. Pola noite haberá verbena na Capela de Pedrafurada a partir das 22.30 horas con Orquesta JB Son e logo con Discomóbil Chocolate e Tito Maverick.

O luns (Día na Honra da Nosa Señora de Pedrafurada) comezará coas dianas e alboradas da centenaria Banda de Música de Caamaño e o grupo folclórico Canlebó de Camboño. Ás 9.00, ás 10.00, ás 11.00 e ás 12.00 horas haberá misas rezadas na capela. Ás 13.00 horas celebrarase unha misa solemne na honra da Nosa Señora de Pedrafurada seguida da tradicional procesión. Logo celebrarase unha sesión vermú e unha gran churrascada de balde amenizada pola Banda de Música de Caamaño e os gaiteiros e o Grupo D’Vicio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.